ACTUALIDAD
QUIEN ES MIQUEL SEN
EDITORIAL
NOTICIAS
CRÓNICAS
LOS TEMAS
ANÁLISIS
RESTAURANTES
BUENAS OPCIONES
VINOS Y RESTAURANTES
LUGARES CONCRETOS
BODEGA
PRODUCTOS
RECETAS
RECETAS HEREDADAS
Y ADEMÁS
LINKS DE INTERÉS
ARTÍCULOS EN CATALÁN
CONTACTO
PORTADA









EL TEMAMACARRONES RELLENOS DE CARRILLERAS, LA RECETA DE LA XARXA, Y EL VINO FINCA GARBET DE PERELADA. POR MIQUEL SEN

Miquel Sen en LinkedIn

Siguenos en TwitterFacebook


Share
Menéa esta página

FRESCO Y DEL MAR PRESENTA A PESCA SOSTIBLE DE COSTA DA MORTE EN ZARAGOZA E DONOSTIA [ Ir a NOTICIAS ] [ Volver ]

 

Twitter

Facebook


Taller Fresco y del Mar lubina


Taller Fresco y delMar caballa


Taller Fresco y del Mar lubina


TallerFresco y del Mar caballa


Da man dos conviviums de Slow Food de Aragón e Donostia e Fundación Lonxanet para la Pesca Sostible, presentouse a Red de Restauradores, Restaurantes y Distribuidores por la sostenibilidad del Mar, RESTAURAMAR, a distribuidores, restauradores, cociñeiros e caterings.

O pasado 19 de outubro tivo lugar en Zaragoza e San Sebastián dous actos de presentación da Pesca Sostible da Costa da Morte coa organización por parte dos conviviums de Slow Food de Aragón e Donostia, a Fundación Lonxanet e a comercializadora online Fresco y del Mar.

O obxectivo das presentacións realizadas na Cofradía Vasca de Gastronomía en Donostia e na Parrilla de Albarracín en Zaragoza era dar a coñecer o proxecto RESTAURAMAR (Red de restauradores e restaurantes pola conservación do mar) iniciativa da Fundación Lonxanet para la Pesca Sostible e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

A xornada estivo organizada para distribuidores, restauradores, cociñeiros, caterings e público interesado para debater sobre consumo de pesca sostible, emprendimento na comercialización de produtos artesanais procedentes do mar e certificación de sostibilidade a través dunha adecuada etiquetaxe.

Durante os actos explicouse, por parte dos responsables do presidentes de Slow Food Donostia, Juan Manuel Garmendia e Jorge Hernández presidente de Slow Food Aragón e manager da iniciativa Mensa Cívica de restauración colectiva sostible, o papel que desempeñan ou poden desempeñar os restauradores, detallistas, distribuidores na compra responsable de pesca artesanal no respeto da estacionalidade das especies, métodos de pesca e na información proporcionada aos consumidores mediante unha etiquetaxe o máis completa e transparente posible. 

Fresco y del Mar, pescadería online de Costa da Morte, estivo presente en ambas cidades, como organizadores y desde el papel de la distribución de pescado y marisco fresco galego os seus representantes explicaron as vantaxes e beneficios que supón para os consumidores e para as comunidades pesqueiras artesanais o xesto de compra procedente da pesca sostible, coa cal esta nova empresa está moi implicada, comercializando exclusivamente peixe e marisco de pesca artesanal e sostible da Costa da Morte.

Entre os asistentes fíxose unha valoración moi positiva sobre o importante traballo que se está levando a cabo en Galicia e en concreto na Costa da Morte e Ría de Muros polo esforzo do sector pesqueiro artesanal en facer unha pesca responsable e reclamando un papel protagonista na xestión dos recursos pesqueiros como é o caso das propostas de creación de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro e levando a cabo unha comercialización na mesma liña có papel que está levando a cabo Fresco y del Mar. 

Ao remate das presentacións puidéronse degustar distintos pratos con produtos enviados directamente das Lonxas de Fisterra (salmonete e navallas) e Lira (polbo) entre os que podemos destacar: o Ceviche de polbo, Navallas con wakame ou Tartar de salmonete con pera y anisado, tódolos pratos foron maridados con viños do condado e albariño da adega Señorío de Rubiós (Rías Baixas).

Fresco y del Mar é unha pescadería online que cun soio clic achega a pesca artesanal a calquera rincón da península. Os seus principais valores son a pesca xusta e responsable. Nace có obxectivo de pór a disposición o peixe e marisco fresco galego, así como presentar especies pouco coñecidas fora de Galicia, a diferentes colectivos como restaurantes, empresas de catering e particulares con sensibilidade polos alimentos de cercanía, de tempada, a sostibilidade en toda a cadea de produción, a diversidade e o coidado do padal con novos sabores e sensacións, entre outros detalles.

http://frescoydelmar.com/